Como saberedes, ha xa algunhas semanas que foi liberada a última versión da popular suite de ofimática LibreOffice (herdeira da venerable OpenOffice). Tantas sonas as modificacións, particularmente na limpeza de código antigo e na solución de pequenos erros, que os seus responsables a anuncian como a primeira versión verdadeiramente independente de OpenOffice. Entre as vantaxes máis evidentes para o usuario final, destácase a maior rapidez con que executa todos os procesos, incluído o arranque.
Aínda que a instalación era xa posible desde o mesmo día do seu aparecemento, non foi até máis recentemente cando apareceu o PPA para agregarmos á nosa lista de repositorios. Para as máis impacientes, eis as intrucións para gozar de LibreOffice 4 nos vosos computadores (que preferir agardar un pouco máis, sabe que LibreOffice 4 loo estará dispoñible nas próximas versións da súa sistribución favorita):
- Desinstalamos a anterior versión de LibreOffice, se tivermos algunha (antes de purge van dous trazos curtos non un longo):
$ sudo apt-get –purge remove libreoffice*
- A seguir agregamos o novo repositorio:
$ sudo add-apt-repository ppa:libreoffice/ppa
- Actualizamos a lista:
$ sudo apt-get update
- E instalamos as novas aplicacións (o segundo paquete é para Gnome, evidentemente, mais tamén para Xfce):
$ sudo apt-get install libreoffice libreoffice-gnome
Como novidade, podemos mudar a aparencia de Libreoffice usando as máscaras (personas) dispoñibles para o Firefox. Como facelo? Da maneira máis simple. Vamos ao menú Ferramentas > Opcións > Personalización -> Seleccionar Persona > Visitar Firefox Personas. Entón seleccionamos a máscara que máis nos agradar, e copiamos e colamos o URL en Enderezo da Persona da xanela Visitar Firefox Personas. O proceso demora una segundos.
Espero que estas breves instrucións vos axuden a ser máis felices.
Saudacións