Nova versión do Minino

Esta vai ser unha entrada rápida para vos comunicar a recente saída da distribución galega para computadores antigos (de máis de doce anos, segundo din os seus criadores!): Minino. Na commemoracións dos 10 anos da existencia do GALPon (Grupo de Amigos do Linux de Pontevedra), acaba de nacer a nova versión da distribuición, chamada Ártabros. Está baseado en Debian, ten LXDE como ambiente de traballo, e vai como un raio en equipos antigos.

Podedes ver — e ler — máis cousas sobre o proxecto e descargar o Minino na nova páxina do GALPon.

Saudacións.